A Asociación de Empresarios, de Gandeiros e Agricultores da comarca da Limia, Adegal, presentou onte de forma oficial o proxecto “Aproavi: Aproveitamento integral da pollinaza para a mellora da sustentabilidade e competitividade do sector agrícola”, nun evento ‘online’ dirixido ao sector agrícola.
O incremento da produción avícola nos últimos anos provocou unha acumulación dun volume cada vez maior de residuos, polo que a xestión e tratamento sustentable destes residuos e a aplicación de criterios de economía circular son fundamentais, non só para cumprir coas restritivas políticas ambientais, senón tamén para incrementar a competitividade do sector.
Neste contexto nace Aproavi, unha iniciativa do Centro Tecnolóxico EnergyLab, Adegai, Silvares de Group S. Coop. Galega e o Centro Tecnolóxico da Carne, cuxo obxectivo responde á necesidade de mellorar a competitividade das explotacións avícolas a través da valorización da pollinaza xunto con outros refugallos orgánicos, promovendo a sú conversión en enerxía renovable (biogás e gas de pirólisis) e en fertilizantes baseados no digestato e en biochar, especialmente para dous cultivos tipo: a pataca e o trigo.