Aproveitamento dos resíduos agrícolas para xeración de biogás e fertilizantes

جدول المحتويات
تاريخ النشر

ADEGAL, o Centro Tecnolóxico EnergyLab, o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e Silvares Group S. Coop Galega, investigan a valorización dos puríns da pollinaza para convertelos en enerxía renovable.

Hoxe presentouse de forma oficial o proxecto “APROAVI: Aproveitamento integral da pollinaza para a mellora da sustentabilidade e competitividade do sector agrícola”, nun evento en liña que organizaba ADEGAL, a Asociación de Empresarios, de Gandeiros e Agricultores da comarca da Limia, e que estaba dirixido ao sector agrícola.

O incremento da produción avícola nos últimos anos provocou unha acumulación dun volume cada vez maior de residuos, polo que a xestión e tratamento sostible destes residuos e a aplicación de criterios de economía circular son fundamentais, non só para cumprir coas restritivas políticas ambientais, senón tamén para incrementar a competitividade do sector.

Publicidad 35724
APROAVI (002)
APROAVI
Neste contexto nace APROAVI, unha iniciativa do Centro Tecnolóxico EnegyLab, ADEGAl, Silvares de Group S. Coop. Galega e o Centro Tecnolóxico da Carne, cuxo obxectivo responde á necesidade de mellorar a competitividade das explotacións avícolas a través da valorización da pollinaza xunto con outros refugallos orgánicos, promovendo a súa conversión en enerxía renovable (biogás e gas de pirólisis) e en fertilizantes baseados no digestato e en biochar.

Publicidad 35795
Para a consecución deste obxectivo, exponse os seguintes obxectivos específicos:

Publicidad 36013
• Identificar e establecer as características dos principais residuos orgánicos xerados na comarca da Limia e Baixa Limia.

• Maximizar a produción de biogás mediante a diminución do efecto inhibitorio do nitróxeno presente na pollinaza no proceso de dixestión anaerobia, mediante a codigestión con refugallos agrícolas abundantes na zona de estudo.

• Establecer o efecto da temperatura da pirólisis, sobre a formación de biochar e sobre as súas propiedades principais.

• Comprobar a efectividade os produtos obtidos a partir do digestato e biochar como fertilizante, en dous cultivos tipo: a pataca e o trigo.

chickens1
O proxecto, cunha duración que abarca desde o 1 de xullo de 2022 ata o 1 de outubro de 2024, está subvencionado a través do procedemento de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (procedemento MR331B), ao amparo da Resolución do 30 de decembro de 2021(DOG nº 18, do 27 de nero de 2022), en réxime de concorrencia competitiva, e cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020

التصنيفات